Primeiro día:
Saímos
de Monforte para Portugal pola mañá, ás nove menos cuarto. Chegamos a
Oporto sobre as doce e media, a unha na hora portuquesa, e estivemos
comendo nun parque uns bocadillos que levavamos da casa logo, estivemos
quitando fotos e xogando hasta que chego a hora de ir ver a librería
Lello e irmao; tiñamos que entrar por quendas 15 primeiro e 15 porque
había moitos turistas.
Logo,
cando acabamos ou primeiro grupo fomos ver o museo dás matemáticas,
onde nos ensinaron unha sala chea de figuras con simetrías. Aprendemos
moito, e ao remate estivemos esperando para que chegaran os nosos amigos
de Portugal.
Cando
chegaron os potugueses foron ver o museo mentras nós iamos ver a torre
dos Clérigos. E logo intercambiamos os papeis, eles foron facer a visita
dá torre. Mentras tanto nós estivemos comendo uns xeados e pasando o
tempo. Mais tarde fomos ao albergue, repartimos as habitacións e saímos
para fora para esperar a que chegasen os nosos compañeiros.
Eles
ao chegar tamén repartiron as habitacións, mentras tanto nós estivemos
xogando ao voley e ao fútbol e cando acabaron de repartir as habitacións
viñeron xogar connosco. Cando xa era hora fomos cear. Despois de cear
estivemos xuntos e Iago e Carla tocaron o violín e a gaita, estivemos
bailando e nós levámoslle uns pequenos detalles, nese momento levamos
unhas camisetas do noso instituto para eles e fixémoslle a nosa torre da
homenaxe coa impresora 3d. Gústolles moito e ao final do dia !!!XA
ERAMOS TODOS AMIGOS !! Démonos as boas noites e a durmir !!!
Segundo día:
Pola
mañán erguémonos ás 8:00 para almorzar, tivemos tempo libre para
relacionrnos cos nosos compañeiros, máis tarde fixemos unha actividade
que consistía en facer unha torre o máis alta posible con espaguetis,
cinta adhesiva e fio, que suxeitara unha nube de golosina. Logo tivemos
de novo tempo libre para disfrutar do albergue xogando ao fútbol ao
volei e outros xogos. Fomos comer, e descansar para depois poder
disfrutar das visitas por Portugal.
Sobre
as 4:00 partimos vara a praia de Ovar, onde poidemos disfrutar das
grandes olas e da preciosa paisaxe. Tamén fomos visitar os aredores da
praia, vendo os chiringos e indo a merendar.
As
7:00 voltamos ao albergue, e alí organizámonos para facer xogos
relacionados coas matemáticas, concretamente o xogo de formar números.
Máis tarde fomos a comer, e cando acabamos deixáronnos tempo libre. Aproveitamos para compartir cos compañeiros portugueses as nosas aficcións e coñecernos mellor.
Terceiro día:
Levantámonos as 8:00 para almorzar e as nove despedímonos dos Portugueses.
Ás
10 partimos cara Guimaraes onde vimos o Castelo, a Igrexa de Sao Miguel
do Castelo, O Paço dos Duques de Braganta, A Rúa Santa María, e o
centro histórico.
Sobre as 12 comimos algo nunha praza de Guimaraes onde nos deixaron tempo libre.
Antes
de marchar cara Braga, sobre as dúas, comemos nun centro comercial no
telepizza e nos deixaron un pouco de tempo libre para comprar algunhas
cousas (recordos).
Despois
de comer marchamos cara Braga onde vimos: A praza da república, a casa
dos crivos, a Igrexa de Sta Cruz, a catedral, o Pazo Episcopal, o Arco
da Porta Nova, o Museo dos Biscainhos, e o Bon Xesús.
Despois voltamos no autobús onde escoitamos o partido do Barça pola radio ata chegar a Monforte.
Iago, Roberto y Saray